xoves, 18 de maio de 2017

Convocadas as Mesas Sectoriais da Asoc. Seitura 22

Entre o 22 e o 30 de Maio celebraranse as diferentes Mesas Sectoriais da Asociación.

Tal e como marcan os estatutos da Asociación Seitura22,  nos próximos días vanse convocar as diferentes Mesas Sectoriais nas que está organizada a Asociación.
Pretendemos que estas mesas de traballo nos permitan mellorar a xestión que se está realizando desde a Asociación, así como traballar dous aspectos fundamentais:
- Identificar as necesidades dos diferentes sectores nos que está organizada a Asociación e ver en que medida esta pode dar resposta ás mesmas.
- Abrir o proceso de renovación da Xunta Directiva da Asociación Seitura22. A Mesa proporá os seus representantes na Xunta Directiva (só para socios).
 O Calendario previsto para a convocatoria das diferentes mesas é o seguinte:
  • Mesa de Dinamización Sociocomunitaria: día 22 de maio, ás 20:00 horas, no 2º Andar do Concello de Narón (Praza de Galicia, s/nº).
  • Mesa Agroforestal: día 23 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Administrativo Pontés (CAP) do Concello de As Pontes (Rúa Juan Antonio Suances, s/nº). 
  • Mesa de Turismo e Hostalería: día 25 de maio, ás 20:00 horas, no Antigo Hospitalillo de San Roque do Concello de Ortigueira (Rúa Príncipe, O Ponto).
  • Mesa Empresarial e do Emprego: día 29 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Fene (Avda. Conces, 22).
  • Mesa de Benestar Social: día 30 de maio, ás 20:00 horas, no Antigo Hospicio Municipal do Concello de Ferrol (Rúa Méndez Núñez, 11, Esq. Praza de Amboaxe).
Dado que este é un proceso aberto a todas as persoas e entidades interesadas, pedímoslle que lle dean a maior difusión posible.