xoves, 28 de abril de 2016

A xuntanza da Mesa institucional pecha o primeiro ciclo de encontros.

Estos deben permitir avanzar cara a un diagnóstico do territorio.


A reunión celebrada o pasado luns 25 de Abril, no salón de plenos do Concello de San Sadurniño, foi a última das Mesas sectoriais en que se estrutura a Asamblea da Asociación Seitura22.

Durante o transcurso da mesma os alí presentes trasladaron a súa percepción da realidade socioeconómica do ámbito territorial de Seitura22.

 









Nos próximos días subiranse ao apartado de descargas de este blog as conclusións das diferentes xuntanzas así como un anticipo do documento de Diagnóstico territorial.


Por outra banda o Martes 26 de Abril celebrouse a charla informativa sobre Leader impartida por técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, na Fundación Ortegalia de Ortigueira.





luns, 25 de abril de 2016

A Mesa Sociocomunitaria celebrou as tres convocatorias que estaban planificadas.

As dúas primeiras foron o xoves 21, quedando a última para o venres 22.


A Fundación Ortegalia de Ortigueira e o CAP de As Pontes (Antiga Estación de Autobuses) foron o lugar dos encontros do xoves 21.















O encontro de Valdoviño celebrouse na Casa do Concello. 


xoves, 21 de abril de 2016

Os días 19 e 20 foron as reunións da Mesa Agroforestal

A primeira foi na biblioteca municipal da Capela e a segunda en Cerdido na escola Avispeira. 

Unha vez redactado o borrador de conclusións da Mesa subirase ao aprtado de descargas de este blog para poder seguir recollendo as aportacións dos participantes e interesados no sector.

mércores, 20 de abril de 2016

O Martes 26 celebrarase unha xornada informativa sobre o LEADER 2014-2020

Terá lugar en Ortigueira na Fundación Ortegalia (R/Francisco Santiago nº 6) a partir das 12:00h.

 

Na xornada de difusión do LEADER 2014-2020 do próximo martes 26 de Abril, contaremos con representantes de Administración Autonómica (Javier Blanco, Subdirector de Relacións cos GDR e José Sanlés, Xefe da Área de Seguimento e Control de Programas) que se van achegar ao noso ámbito territorial, o futuro GDR 24 conformado por 22 concellos, para darnos a coñecer, mais polo miúdo e dun xeito mais próximo, as características do novo período de financiamento europeo para o desenvolvemento rural.

O encontro, que será participativo e aberto ao conxunto da poboación interesada, contará
cunha quenda de preguntas e será presentado polo Alcalde de Ortigueira, D. Juan Vicente Penabad.

O luns día 18 xuntouse a Mesa de Benestar.

O encontro foi en Neda e iniciouse ás 19:30.


Asistiron fundamentalmente representantes e técnicos de entidades sociais do territorio.



venres, 15 de abril de 2016

Nesta semana celebráronse os dous primeiros encontros das Mesas Sectoriais

De cara a avanzar no diagnóstico reunironse as Mesas do Turismo e a Empresarial.


A primeira en xuntarse foi a do Turismo o mercores 13 no Concello de San Sadurniño.


Houbo que cambiar o lugar da reunión.

O xoves 14, no Pazo da Cultura de Narón, foi o turno da Mesa Empresarial.




En breve, subiremos o borrador de conclusións de ambas xuntanzas ao apartado de descargas, para que poidades facernos chegar ao correo da Asc. as vosas matizacións e aportacións ao diagnóstico de ambos sectores.



martes, 12 de abril de 2016

Calendario de Mesas sectoriais.



Está primeira convocatoria das Mesas sectoriais consistira en talleres de participación para caracterizar os diferentes sectores socioeconómicos do ámbito territorial da asoc. de desenvolvemento local Seitura 22.

Estas reunións están abertas á participación dos diferentes axentes e persoas interesadas, máis alá das entidades que xa forman parte de Seitura 22 ou que prevén asociarse no futuro.


Mercores 13: Mesa turismo. Concello San Sadurniño ás 19:30h.
Xoves 14: Mesa Empresarios. Narón 19:30h. Pazo da Cultura; 1º Andar no café-teatro.
Luns 18: Mesa Benestar. Neda 19:30h. Casa da Cultura.
Martes 19: Mesa Agroforestal Eume. A Capela 19:00h. Biblioteca Municipal
Mercores 20: Mesa Agroforestal Ferrol/Ortegal. Cerdido 20:00h. Escola Avispeira (A Barqueira)
Xoves 21:Mesa Sociocomunitaria Eume. As Pontes 19:00h. CAP. Antonio Suanzes s/n (Antiga Estación autobuses).
Xoves 21: Mesa Sociocomunitaria Ortegal. Ortigueira 19:30h. Fundación Ortegalia.
Venres 22: Mesa Sociocomunitaria Ferrol. 19:30h Valdoviño. Salón de plenos do Concello.
Luns 25: Mesa Institucional. Casa do Concello de San Sadurniño ás 19:00h.

As mesas de turismo, empresarios, benestar e institucional teñen unha única convocatoria para todo o territorio da Asociación.
A mesa Agroforestal terá dúas convocatorias, na Capela e Cerdido.
Finalmente na mesa sociocomunitaria está previsto realizar 3 convocatorias para facilitar a participación debido o amplo número de entidades convocadas.


Convocado o primeiro encontro da Mesa do sector turístico


Terá  lugar no Concello de San Sadurniño este mércores día 13 de Abril ás 19:30.


A convocatoria é aberta ás entidades e persoas relacionadas co sector. Coa celebración de estos talleres pretendemos abordar as necesidades e oportunidades, e a análise de situación con cada un  dos sectores que contribúen ou poden contribuír ao desenvolvemento do noso contorno.


O primeiro taller, pretende abordar a caracterización do sector turístico no noso ámbito territorial.

Así tras unha breve introdución sobre os antecedentes; o Leader 2.007-13 e o Eixo Leader do PDR 14-20, pasarase a tratar a diagnose da situación do sector.

 

mércores, 6 de abril de 2016

Charla informativa sobre a nova entidade o venres día 8 en Pontedeume

Será ás 20:00 h na Casa da Cultura de Pontedeume.

Versara sobre as actividades a desenvolver para a presentación da candidatura ao programa de desenvolvemento rural Leader, por parte da Asoc. Seitura 22. Así como das posibilidades para participar en dito proceso.






A constitución da entidade foi o pasado día 29 de marzo na Malata en Ferrol

O encontro,celebrado no Auditorio de FIMO en Ferrol, concluiu coa sinatura da Acta de Constitución.

Iniciouse coa acreditación dos representantes legais das entidades participantes e desenvolveuse a ODD coa aprobación do nome e dos  estatutos.
Elexiuse a XD provisional e  aprobouse a sinatura dun protocolo de colaboración entre SEITURA 22 e as asociación de EuroEume e CostaNoroeste.
Finalmente asinaronse os estatutos e a acta fundacional. Velahí unhas imaxes do acto







venres, 1 de abril de 2016

O grupo Seitura 22 ten tres meses para perfilar a estratexia coa que optar aos fondos Leader

As cinco mesas sectoriais constituídas esta semana celebrarán distintas reunións


O grupo de desenvolvemento local (GDR) Seitura 22, integrado polos concellos das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e Eume, Vilarmaior (que xa formaba parte de Euroeume) e Miño, dispón de pouco máis de tres meses para perfilar a estratexia coa que optará aos fondos do programa Leader 2014-2020. Na reunión do martes, ademais de constituír a nova entidade e designar unha directiva provisional para este período, creáronse as cinco mesas sectoriais: dinamización sociocomunitaria, sector agroforestal, empresarial e do emprego, benestar social, e turismo, comercio e hostalería. Durante este tempo, ademais de definir os contidos do proxecto para o que aspiran a lograr financiamento, deberán formalizar a súa adhesión os concellos (na acta fundacional figuran 14) e as entidades privadas (o martes asinaron 44) que aínda non o fixeron. O persoal de Costa Noroeste e Euroeume traballa na nova entidade, a través de convenios de colaboración. «Faremos reunións de todas as mesas e por todos os territorios, coa máxima información e a maior participación, de socios e incluso de estudiosos de distintas áreas. Así o obriga a Unión Europea. Trátase de coñecer as necesidades reais da xente», recalcan fontes do GDR 24.

O grupo Seitura 22 xestionará os fondos do Leader nas tres comarcas

Jorge Suárez será o presidente e José Castro, o vicepresidente da directiva durante a fase constituínte


Seitura 22 é o nome do grupo de desenvolvemento local (GDR) que xestionará os fondos do programa Leader 2014-2020 nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. A nova entidade xorde da fusión das asociacións Costa Noroeste e Euroeume, cuxos representantes se reuniron onte en Fimo para celebrar a asemblea constituínte. A redistribución do territorio establecida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) incorpora Miño ao GDR 24, que estará composto por 22 concellos. As diferenzas entre Costa Noroeste, que integrou no seu día a Ferrolterra e Ortegal, e Euroeume (á que tamén pertence Vilarmaior) evidenciáronse ao redor da denominación do grupo. Euroeume avogaba por Asociación de Ferrolterra, Eume e Ortegal, pero impúxose a proposta de Costa Noroeste, Seitura 22, sen votación. A data da convocatoria xa xerara malestar entre os concellos de Euroeume, posto que a maior parte non acordaron aínda adherirse como socios fundadores da entidade e están pendentes de celebrar pleno esta semana ou a que vén. Pero os prazos para inscribirse no rexistro de asociacións apreman, segundo esgrimiron desde Costa Noroeste.